Celta Prix - Concello de Cedeira
Fecha Viernes, 01 febrero a las 07:55:02
Tema PHP-Nuke


Persoal da empresa Celta Prix no Concello de Cedeira reiterou as súas queixas e «indignación» polo mal estado da roupa de traballo que, aseguran, non se renovou desde mediados do ano 2011. Fontes da concesionaria do servizo de recolleita de lixos e limpeza viaria neste municipio aseguraron «ignorar» que existise malestar entre os empregados por esta cuestión. No entanto, confirmaron que se lles entregará a nova equipación «dentro duns días».

Representantes da firma negan que se produciu cambio algún e reiteran que cumpren o estipulado no convenio, actuando «como sempre». A versión dos traballadores difiere da proporcionada pola compañía. «Levamos seis anos na empresa e nunca pasase isto, normalmente entregábannos a roupa algo tarde, pero todos vos anos. Esta vez nada, levamos máis de ano e medio (desde mediados de xuño de 2011) e cun inverno de moitísima choiva e temporais», explicou un dos afectados. «Hoxe apañamos unha molleira criminal», apuntilló un compañeiro, esta mesma semana. De feito, afirmaron, algún optou por adquirir roupa impermeable «para poder traballar». Desde a empresa insisten en que descoñecían o problema.

En canto ao Concello, o tenente de alcalde Alfredo Vilela admitiu que se recibiron queixas por parte dun empregado de Celta Prix, canalizadas a través do rexistro municipal. «Logo de coñecer a noticia falei con varios obreiros e parece que só era un o que protestaba», apuntou.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2066