“Comediatrium”, o ciclo de teatro afeccionado posto en marcha polo Concello de Cedeira, ofrece este sábado, 2 de febreiro, a representación da peza “Oé, oé, oé”, a cargo da compañía Teatro do Asteleiro do Grupo Bazán. A cita dará comezo ás 20 horas no Auditorio Municipal e, o prezo das entradas, é de 2,5 euros. “Oé, oé, oé” é unha peza pensada para un público de máis de 12 anos. Unha reflexión cargada de humor sobre a actualidade a través do fútbol. Marián Rei é a directora artística e conta cun elenco integrado por Martín P. Ulfe, Alberto Suárez e Lan Couce.
© 2013 - Concello de Cedeira
Link: Concello de Cedeira