I Concurso de Fotografía Vila de Cedeira
Fecha Miércoles, 30 enero a las 11:13:32
Tema PHP-Nuke


Os interesados en participar poden presentar as súas imaxes ata o 30 de marzo.

Os mellores traballos formarán parte dunha exposición colectiva no Palacete.

O Concello anunciou esta mañá a convocatoria do I Concurso de Fotografía Vila de Cedeira. Organizado pola Concellería de Cultura, o certame busca promocionar e divulgar os recursos naturais, o patrimonio arquitectónico, a riqueza cultural e as tradicións da Vila de Cedeira a través da imaxe que dela teñen os seus veciños e veciñas ou visitantes.  Deste xeito, no mesmo poderán participar tanto profesionais da imaxe como afeccionados á fotografía. ¿Temática? A Vila de Cedeira nas súas diferentes vertentes:  arquitectura, recursos naturais, monumentos, celebracións tradicionais, citas culturais... Así mesmo, cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías, que deberán presentar en soporte dixital (cor ou branco e negro) a través do enderezo electrónico concursovilacedeira@vilacedeira.es. As imaxes presentadas poden ser orixinais e inéditas ou aquelas que formen parte do arquivo persoal do participante. Porén non se admitirán obras cuxos dereitos de autor poidan estar comprometidos con terceiros.


© 2013 Concello de Cedeira




A Concellería de Cultura avanza que o prazo de admisión dos traballos manterase aberto ata o vindeiro 30 de marzo. Unha vez expire, constituirase o xurado, que estará formado polo Alcalde de Cedeira ou persoa na que delegue, o concelleiro de Cultura ou persoa na que delegue e representantes das asociación da vila. A súa decisión farase pública na páxina web do Concello e as obras presentadas serán expostas no Palacete Municipal.


 

O gañador do certame recibirá unha reproducción da imaxe en grande formato e un premio en metálico de 200 euros. E, por último, o Concello avanza que a entrega do premio terá lugar no marco do acto de inauguración da exposición colectiva.

 

As bases poden consultarse en www.concellocedeira.es.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2064