NOTA DE PRENSA PARA O ENCERRO DO 30X
Fecha Miércoles, 30 enero a las 07:26:17
Tema PHP-Nuke



Gustaríanos informarlles que o grupo Acampada ETSAC, formado por estudantes universitarios da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, prosigue coas convocatorias de encerros nocturnos na ETSAC para continuar co movemento de protesta contra as políticas de recortes, en especial as acadadas no eido do ensino.
No anterior encerro convocábamos a toda a comunidade da UDC coa intención de vencellar lazos entre os diferentes centros para lograr o obxectivo dunha mobilización conxunta na UDC. Xorde desta proposta outro encerro a mesma noite na facultade de Dereito e esperamos que nas próximas convocatorias se incrementen as mobilizaciones dentro da nosa universidade.


Tras o éxito das convocatorias das anteriores quendas de reivindicación do ensino público na que participaron ata 70 universitarios da UDC, facemos un novo chamamento á protesta. Nesta ocasión programouse ás 17 horas un debate sobre o novo plan de estudos e a súa posible reforma na nosa escola, debatendo sobre os problemas que poideron xurdir dende a implantación do plan; incluíndo o funcionamento dos talleres, a coordinación do profesorado, os problemas coa matricula ou a utilidade do Plan de Acción Titorial. Incluímos no noso programa unha asamblea ás 19h para debatir acerca das polémicas modificacións de competencias en diversos sectores profesionais, centrándonos na arquitectura neste caso, que se plantexan no borrador do anteproxecto de lei da LSP (Lei de Servizos Profesionais). Nesta asamblea estarán presentes representantes da dirección do centro, do Colexio de Arquitectos de Galicia, da Asociación de Xóvenes Arquitectos de Galicia e do alumnado da ETSAC. Tratarase de atopar una postura común e medidas de defensa da profesión.
Como peche das actividades proponse aos candidatos a representantes de alumnos que expoñan as súas ideas de cara ás eleccións do 5 de febreiro e un posterior debate co resto do alumnado sobre a organización da delegación de alumnos. Convidamos a calquera medio a pasar a noite con nós e acompañarnos. Acampada ETSAC é un movemento estudantil composto por compañeiros universitarios unidos, a participación é libre e a título individual, sen representacións de organizacións estudantís e inclinación política. Así mesmo, Acampada ETSAC forma parte da asamblea aberta de estudantes “UDC en Loita” comprendendo que a unión de tódolos colectivos con un propósito común é precisa e favorable


Link: A ETSAC






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2063