Concello de Cedeira - Cultura
Fecha Jueves, 24 enero a las 07:45:43
Tema PHP-Nuke


O Auditorio Municipal de Cedeira acolle este sábado a obra teatral “A rúa do inferno”


© 2013 - Concello de Cedeira

A representación, a cargo do grupo Axóuxere, inaugura o ciclo “Comediatrium”. A obra comezará ás 20 horas con entradas ao  prezo único de 2,5 euros


O ciclo de teatro afeccionado “Comediatrium” arrancará este sábado coa peza teatral “A rúa do inferno”, a cargo do grupo Axóuxere. A representación terá lugar no Auditorio Municipal, con hora de inicio fixada para as oito da tarde. O prezo das entradas é único, de 2,5 euros. “A rúa do inferno” é a adaptación dun texto  do dramaturgo sevillano Antonio Onetti. Unha divertida comedia con mensaxe na que as tres traballadoras dun supermercado se presentan a un concurso para gañar 6.000 euros. Pero hai un problema, só poden bailar dúas e elas son tres. Ante este conflicto xurdirán as verdadeiras personalidades das tres amigas. A obra, que se estreaba no Teatro Colón da Coruña, está dirixida por Alejando Albaiceta e interpretada por Paula Suárez, Nanda Tasende e Loly González. Axóuxere  Teatro é un proxecto composto por quince persoas con idades comprendidas entre os 30 e os 70 anos que comparten unha mesma paixón polo teatro. A  compañía, creada en Oleiros no ano 2008, regresará a Cedeira en marzo, o día 9, con outra das súas representacións: “A túa tenrura Molotov”. Nela, unha parella de éxito, el avogado ela presentadora, reciben un paquete do extranxeiro que vai cambiar radicalmente as súas vidas. É unha comedia sobre os prexuízos e a  doble moral.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2059