Concello de Cedeira - Obras
Fecha Martes, 22 enero a las 18:05:13 Tema PHP-Nuke
O Concello de Cedeira está executando os traballos oportunos para
ampliar a rede de alumeado público en diferentes puntos das parroquias
de Esteiro e San Román. En concreto, unha cuadrilla de operarios
municipais realiza estas obras nos lugares do Lameiro (San Román) e Os
Loureiros e Ardeón (Esteiro). Segundo a Concellería de Obras e Servizos,
as actuacións contan cun orzamento conxunto duns 15.000 euros, que
financia a Administración local con recursos propios. Os novos puntos de
luz, de baixo consumo, ubícanse en pistas de titularidade municipal con
vivendas no seu ámbito de influencia. Precisamente, a Concellería de
Obras explica que os traballos, que concluirán esta mesma semana,
responden a demandas veciñais tramitadas ante este departamento. Unha
medida coa que se mellora este servizo en ambas parroquias.
Link: Concello de Cedeira
|
|