Concello de Cedeira
Grupo Municipal Socialista
José Luis Vergara Rey
ASUNTO : O TEMPORAL PON A PROBA AS INFRAESTRUCTURAS DE CEDEIRA.
Esta fin de semana un novo temporal puxo a proba as infraestructuras cedeiresas. A cicloxénese explosiva “Gong” obligaba á Xunta a decretar a alerta laranxa por vento e en chuvia. Para Cedeira, nada que se aparte dos nosos invernos e moi lonxe, afortunadamente, doutros episodios adversos que temos sufrido en tempos non moi lonxanos. Pensamos no Hortensia ou no Klaus.
Lamentablemente, despois de ano e medio de goberno popular, ningunha mellora se observa no que respecta á evacuación das augas, pluviais e fecais. A depuradora de Cedeira, cando a pluviosidade acada picos moderados, pecha a entrada e as augas alivianse no rio Condomiñas e nas proprias rúas da vila. Esta fin de semana cumpreuse o mesmo ritual. Isto sucede porque a rede separarativa de augas pluviais e fecais é, ainda insuficiente.
É moito o que se fixo durante o pasado mandato socialista no referente á separación das augas doces, procedentes da chuvia, e as sucias, procedentes dos fogares. O casco antiguo, o barrio tradicional da Area, a rúa López Cortón, a rúa Pitillera, a Avenida de España, foron exemplos de intervencións mediambientais que amplificaban os beneficios da EDAR, igualmente construída polo goberno do socialista Touriño.
Pero este proceso que pedía continuidade, truncouso co goberno do partido popular. Desde que Rubido voltou a presidir o goberno local de Cedeira, deixou de invertirse en hixiene e medio ambiente. Nin un solo euro se adicou a obras de saneamento que lle permitan á depuradora estar constantemente a pleno rendemento.
De nada serve unha expléndida estación depuradora de augas residuais, se a temos que pechar ante episodios de precipitacións moderadas, fenómeno que se reproduce moitas veces no ano. Non é de recibo que, mentras Cedeira alivia as augas sucias no sistema urbano ou na ria, o grupo de Goberno adique os seus fondos a mellorar o ornato de establecementos privados, cambiar os alcorques das árbores urbanas ou enterralos en miradores que carecen de vistas.
En Cedeira, a 22 de xaneiro do 2013
JOSÉ LUIS VERGARA REY
PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
© 2012 _ Agrupacion Socialista de Cedeira
Dcto. formato PDF :
preme aquí© 2012 _ Agrupacion Socialista de Cedeira
© 2012 _ Agrupacion Socialista de Cedeira
Link: Agrupación Socialista de Cedeira