Concello de Cedeira - Entroido 2013
Fecha Lunes, 21 enero a las 18:07:32 Tema PHP-Nuke
Luis Rubido deu conta da programación que deseñou o seu departamento
para celebrar o Entroido 2013. Desenvolverase en dúas xornadas: o sábado
9 de febreiro e o luns 11. No primeiro caso, a fiesta arrancará cun
desfile de disfraces e comparsas ás 17 horas. Partirá da Avenida de
Castelao, á altura do establecemento Saint Tropez, percorrerá o casco
vello, e rematará no Parque do Sagrado Corazón. Alí procederáse á
entrega dos premios aos mellores disfraces. E, a partires das 24 horas,
o Concello organiza unha gran verbena baixo carpa coa orquestra D´Moda.
Así mesmo, o luns será a xornada para os máis pequenos da casa. No
mesmo Parque Sagrado Corazón, e dende as 16 horas, celebraráse un Baile
infantil con xogos guiados por monitores.
Link: Concello de Cedeira
|
|