Concello de Cedeira - Ciclo “Comediatrium”
Fecha Lunes, 21 enero a las 18:05:37
Tema PHP-Nuke


O concelleiro de Cultura, Luis Rubido, avanzou esta mañá as propostas culturais do Concello para os próximos tres meses. Neste senso, o edil destacou a aposta decidida polo teatro afeccionado coa programación do ciclo “Comediatrium”. Todas as obras están pensadas para nenos e adultos e se representarán  todos os sábados ás 20 horas no Auditorio Municipal da vila, con entradas ao prezo único de 2,5 euros.

O próximo sábado, 26 de xaneiro, o Grupo Axóuxere traerá á vila a súa obra “A rúa do inferno”. Un traballo  protagonizado por tres mulleres, caixeiras de supermercado, no que un concurso de sevillanas provocaralles conflictos e situación divertidísimas. A mesma compañía, creada en Oleiros no ano 2008, regresará en marzo, o día 9, con outra das súas representacións: “A túa tenrura Molotov”. Nela, unha parella de  éxito, el avogado ela presentadora, reciben un paquete do extranxeiro que vai cambiar radicalmente as súas vidas. É unha comedia sobre os prexuízos e a  doble moral. Pero previamente, o 2 de febreiro, Teatro do Asteleiro do Grupo Bazán ofrecerá ao público “Oé, oé, oé”, unha peza pensada para un público de máis de 12 anos. Unha reflexión cargada de humor sobre a actualidade a través do fútbol. Marián Rei é a directora artística e conta cun elenco integrado por  Martín P. Ulfe, Alberto Suárez e Lan Couce. O sábado 16 de febreiro tomará o relevo Manicómicos co seu particular Cabaret. Un espectáculo de creación e dirección colectiva froito do traballo desenvolvido durante os últimos anos por diferentes artistas de diferentes disciplinas (novo circo, clown, cabaré, mimo, teatro xestual, improvisación) artellado como unha sucesión dos mellores sketches en clave de humor en formato gala con presentador, co único obxetivo de  facer rir ao espectador ante a variedade de estímulos que vai recibir. O ciclo continuará o 2 de marzo con “As feas tamén se casan” a cargo do Grupo de  Teatro da SCR A Pombiña. Escrita por Betty Couce e interpretada pola propia autora, Ramiro Fernández, Rosa Couce, Puri Mira, María Xosé Couce, Carlos  Lombao, Pablo Lombao, Fernando Romero e Faustino López. A peza narra a historia das xemelgas Felisa e Marisa que, cando teñen 39 anos, descobren que para ser beneficiarias do testamento do seu pai teñen que cumplir unha condición: estar casadas o día que cumplan os 40. E, por iso, farán todo o posible para casar. Pechando a programación do trimestre o 16 de marzo, unha compañía local: Valverde Teatro. Representarán “O Anel Máxico”, un relato escrito por  Goldoni a partires dun Canovaccio da Commedia dell-'arte italiana. É unha comedia de enredo que comeza cunha desesperación de arleín que cre que a súa  muller lle é infiel. Quere tirarse a un río e morrer, pero un vello dalle outra solución: un anel que fai olvidar as penas.


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2051