Concello de Cedeira - Servizos Sociais
Fecha Lunes, 14 enero a las 11:25:23
Tema PHP-Nuke


O Departamento de Servizos Sociais encárgase de tramitar toda a documentación para presentar a solicitude ante o Imserso

O Concello animou esta mañá aos maiores da vila a apuntarse no programa de Termalismo Social. Tan só teñen que acudir ao Departamento de Servizos Sociais e  solicitar a súa participación na iniciativa. As traballadoras do servizo municipal encargaránse de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscripción ante o Imserso. ¿Prazo? Ata o próximo 16 de xaneiro ou o 16 de maio en función dos meses nos que se desexe solicitar a estancia. O horario de atención ao  público é de 9 a 14 horas de luns a venres. Nesta liña, o Concello explica que este programa permite encher o tempo de ocio do colectivo da Terceira Idade e,  por outro lado, facilitarlles un ocio saudable, que repercutirá positivamente no seu estado físico e mental. A través de Termalismo Social, os pensionistas maiores  de 60 anos e os seus cónxuxes poderán disfrutar de doce ou dez días nun balneario en réxime de pensión completa. Estancia que inclúe tamén un tratamento  termal adaptado ás súas necesidades. Cabe destacar que a oferta inclúe balnearios de toda España e, entre estes, un total de dezanove na Comunidade  Autónoma de Galicia. É precisamente o usuario do servizo quen elixe destino nun calendario de viaxes que soe iniciarse en febreiro e finaliza en decembro.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2049