Concello de Cedeira - Novo Centro de Saúde ????
Fecha Sábado, 12 enero a las 17:50:58
Tema PHP-Nuke


A Xunta de Galicia non especifica no borrador dos orzamentos de 2013 a partida correspondente para a construción dun novo centro de saúde en Cedeira. Un proxecto para o que o Goberno de España consignou o pasado mes de xuño 2,5 millóns de euros -o convenio para o Desenvolvemento Rural rubricouse en mayo- a sufragar ao 50% entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a administración autonómica, durante un período de cinco anos.

Trátase dun proxecto sufragado a partes iguais entre
o Estado e a administración galega


No documento económico presentado pola Xunta de Galicia non se recolle capítulo algún a este proxecto que supoñería o incremento das novas dependencias e servizos para os veciños da vila.



Desidia

O grupo do PSOE de Cedeira achaca este "abandono" da Xunta á "desidia" do actual goberno de Cedeira. Sinalan que foron os populares os que deixaron "durmir non sono dous xustos este impresionante proxecto que incorporaba novos servizos como os de rehabilitación e fisioterapia" dos que carecen as actuais instalacións.

Insisten en que "coa desculpa de buscar unha ubicación distinta á proporcionada polo anterior goberno socialista -propoñían trasladalo ao lugar de O Beco-, o alcalde Leopoldo Rubido escondía as poucas ganas de facer realidade este proxecto", que, como recordan, foi xestionado durante o mandato de José Luís Vergara. Sinalan que a "displicencia" ante esta proposta podería traer como consecuencia o abandono da mesma por parte das autoridades galegas.

LinK: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2048