Concello de Cedeira - Parroquia de Montoxo - Festas
Fecha Jueves, 03 enero a las 12:17:41
Tema PHP-Nuke


A parroquia de Montoxo celebra esta fin de semana as festas na honra a San Xiao

O cartel dos festexos inclúe as actuacións das orquestras Los Españoles e Boreal o sábado e a do grupo Los Adrianos o domingo

A parroquia cedeiresa de Montoxo celebrará este sábado e domingo a súa festa na honra a San Xiao. Como vén sendo tradición, a fin de semana máis próxima ao  7 de xaneiro. Dúas xornadas festivas ás que están invitados todos os veciños e veciñas da vila.

O programa desenvolverase no entorno da igrexa parroquial de San Xiao e arrancará este sábado ás 13,30 horas coa misa solemne. A continuación, sesión vermut amenizada pola orquestra Los Españoles. A mesma actuará de novo pola noite, compartindo escenario coa orquestra Boreal, que tomará o relevo.

O domingo a xornada festiva comezará como o día anterior, coa misa solemne ás  13,30 horas. Ao seu remate, sesión vermut co grupo Los Adrianos e fogos de artificio.

Unha programación organizada poa comisión de festas e os veciños coa colaboración do Concello de Cedeira.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2043