Concello de Cedeira - Nadal
Fecha Jueves, 03 enero a las 12:11:22 Tema PHP-Nuke
As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán o municipio de
Cedeira o vindeiro sábado, 5 de xaneiro, nunha cabalgata que dará comezo
ás 17.00 horas con saída desde a estación de autobuses.
Cargados con miles de caramelos, percorrerán a vila acompañados das súas
pajes e coa música dos villancicos de fondo. O itinerario levaraos pola
Avenida de Castelao, ponte vella, rúa Ezequiel López e ponte nova, ata
chegar ao Auditorio Municipal. Nesas instalacións, ocuparán os seus
tronos para recoller as cartas e atender as peticións de agasallos dos
nenas e nenas do municipio.
A Asociación de Amas de Casa de Cedeira, que organiza a cabalgata de
Reis coa colaboración do Concello, invita a todos os veciños a acudir
coas súas familias á tradicional cita con Melchor, Gaspar e Baltasar.
Link: VONLine
|
|