Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 27 diciembre a las 12:10:06
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Aprobación definitiva modificación Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial


A Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial actualmente en vigor está publicada no BOP núm. 66 de 12 de abril de 2010.

O Pleno municipal en sesión ordinaria realizada con data 26 de setembro de 2012 adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. O anuncio desta aprobación inicial foi publicado no BOP núm. 196, do 15 de outubro de 2012.

Non tendo presentado alegacións durante o prazo de exposición pública, o devandito acordo elévase a definitivo e procédese á publicación das modificacións aprobadas nos seguintes termos:

1. Artigo 50.–“Vaos”:

Queda sen efecto o apartado 2.º.

2. Artigo 54.–“Tipos de vaos”.–Queda redactado do seguinte xeito:

Parágrafo 1).–Permanentes:

a) Garaxes privados ou de comunidades de propietarios con un ou máis vehículos e unha superficie mínima de 15 m2.

b) Garaxe público con capacidade superior a cinco prazas e talleres con cabida superior a cinco vehículos, a condición de que acrediten que prestan servizos permanentes de urxencia ou servizo público.

Parágrafo 3).–Nocturnos:

a) Garaxes destinados individuais nos que a capacidade do local sexa dun vehículo.

Contra o presente acordo, poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Aministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 10.1.b) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cedeira, 17 de decembro de 2012.
O alcalde
Leopoldo Rubido Ramonde

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2039