Concello de Cedeira - Orzamentos 2013
Fecha Sábado, 22 diciembre a las 12:09:10
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira aprobou de forma inicial durante o seu último pleno os orzamentos de 2013 cifrados en 4.438.557,04 euros, o que supoñerá unha redución do 4,76% con respecto ao do ano anterior -4.660.585,11-. Segundo fontes do propio consistorio, prevese unha caída dos ingresos do 5,19 % en referencia aos de 2012.

As liñas a seguir na redacción do documento económico foron, segundo os populares, o mantemento dos servizos e a "recuperación da capacidade de ingresos" do municipio.
O capítulo de gasto corrente -ascende a 1,6 millóns- tamén se viu reducido, "grazas ao esforzo efectuado en 2012 para estar ao día no pago das facturas de fornezo eléctrico e servizos obligatorios como o de recolleita de lixo ou limpeza".
O goberno de Leopoldo Rubido tamén destaca que "se conseguiu rebaixar o endeudamiento municipal a niveis que non se conseguían nos últimos 20 anos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2037