
Concello de Cedeira - DOGA
Fecha Viernes, 21 diciembre a las 15:34:16 Tema PHP-Nuke
RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN408A 2012/021).
Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L.
Domicilio social: Plaza España, 6, San Ildefonso, 40100 Segovia.
Denominación: planta de coxeración con biomasa forestal.
Situación: parcelas 23 e 24 do parque empresarial da Trabe, Cedeira.
Principais características técnicas:
• Centro de seccionamento de manobra exterior en edificio prefabricado
en punto de conexión, composto de 3 celas de liña, onde se conectará coa
rede de distribución.
• Liña de alta tensión soterrada a 20 kV,
cunha lonxitude de 200 m, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240)
mm2 Al, con orixe no citado centro de seccionamento en punto de conexión
e final no centro de consumo de fábrica de pellets, unha vez entre e
saía do centro de seccionamento interior da planta de coxeración.
•
Planta de coxeración que se instalará nas parcelas 23 e 24 do parque
empresarial da Trabe, no concello de Cedeira, para cubrir as necesidades
de calor de fábrica de pellets (obxecto de proxecto independente do
mesmo solicitante) que se instalará nas parcelas 21 e 22 do parque
empresarial da Trabe, contiguas ás da planta de coxeración, a cal estará
composta por:
– Turboxerador ORC cun xerador asíncrono de potencia nominal 1.000 kW, coas súas correspondentes instalacións auxiliares.
–
Caldeira de aceite térmico de potencia térmica total de 5.800 kW,
alimentada de biomasa forestal desde un silo de capacidade 250 m3, coas
súas correspondentes instalacións auxiliares, así como sistema para
evacuación de cinzas e sistema para tratamento de fumes.
– Sistema de refrixeración de auga de planta cunha capacidade de 5 MW térmicos.
–
Centro de xeración en edificio prefabricado, composto por un centro de
transformación de potencia 1.600 kVA, con relación de transformación
0,4/15 kV, así como celas de liña, de protección, de medida e
transformador.
– Centro de consumo da planta de coxeración en
edificio prefabricado, composto dun transformador de servizos auxiliares
de potencia 400 kVA, con relación de transformación 20/0,4 kV, xunto
con celas de liña, de protección, de medida e transformador; así mesmo,
no mesmo edificio instalarase un centro de seccionamento de manipulación
interior da planta de coxeración composto polas seguintes 4 celas de
liña: xeración, consumos auxiliares, saída a punto de conexión e saída á
planta de fabricación de pellets.
– Centro de consumo da planta
de fabricación de pellets, composto por un centro de transformación de
potencia 1.250 kVA con relación de transformación 0,4/15 kV, así como
celas de liña, de protección, de medida e transformador.
– Aparellos eléctricos de protección, sinalización, mando, medida e interconexión á rede de distribución.
Todas
aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán
examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura
territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, rúa
Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a
partir da última publicación.
A Coruña, 2 de novembro de 2012
Susana Vázquez Romero Xefa territorial da Coruña
Link: DOGAONLine
|
|