Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 13 diciembre a las 08:07:54
Tema PHP-Nuke


RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Asunto: DELEGACION FUNCIONS DA ALCALDIA

Data decreto: 29/11/2012

Núm. Decreto: 383


Tendo previsto ausentarme do termo municipal dende o día 30 de novembro ata o día 9 de decembro de 2012 (ambos inclusive), e de conformidade co disposto no artigo 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e no artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO:

Primeiro.- Delegar as funcións de Alcaldía no 1º tenente de alcalde, D. Alfredo Vilela Santalla, a fin de que substitúa na totalidade das citadas funcións.

Segundo.- Notificar a presente Resolución ao interesado, así como publicala no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia; e dar conta ao Pleno da Corporación.

Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde, do que eu, secretario, dou fe.

Cedeira, 29/11/2012
O alcalde, O secretario xeral,
Leopoldo Rubido Ramonde Manuel Larrosa Rodríguez

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2033