Concello de Cedeira - Emprego municipal
Fecha Miércoles, 12 diciembre a las 11:53:41
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira implantará un sistema de control dos horarios dos traballadores municipais que permita combater o absentismo laboral. O goberno que preside o popular Leopoldo Rubido segue o ronsel doutros concellos, co ánimo de «conseguir unha administración máis eficiente», o que na práctica traducirase nunha vixilancia máis estrita da entrada e saída do persoal nas dependencias municipais.

Alfredo Vilela, concelleiro de Atención Cidadá, explicou os motivos desta iniciativa que, asegurou, non tardará en porse en marcha: «Creo que é necesario facer algo, máis nos tempos que corren, cando con pouca xente temos que facer máis traballo. Non é que agora non se controle, pero hai costumes... A xente ten que pedir os días con antelación e tenos que autorizar o alcalde, pero queremos controlar tanto o tempo que a xente está traballando como as saídas a tomar o café... que non se alarguen».

Máis de cen traballadores

Esta medida aplicarase tanto no consistorio local como no resto de edificios de titularidade municipal, como son a biblioteca ou o auditorio, onde se atopa o departamento de servizos sociais. O persoal do Concello de Cedeira supera as cen persoas, segundo indicou Vilela, «incluíndo as traballadoras que se encargan do servizo de axuda a domicilio, os obreiros que realizan os traballos de mantemento, o persoal que atende a biblioteca, os funcionarios e os laborais». Con esta iniciativa, concluíu, o Concello pretende «optimizar ao máximo» os recursos humanos dispoñibles para garantir «a mellor atención posible» aos cidadáns.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2030