Concello de Cedeira - ITV Móbil
Fecha Martes, 11 diciembre a las 17:50:10 Tema PHP-Nuke
A partir do próximo 4 de xaneiro, os veciños e veciñas de Cedeira
poderán realizar a inspección técnica de vehículos (ITV) na propia vila,
sen necesidade de desprazarse ao centro situado na Gándara. A través
dun servizo de cita previa, poderase solicitar a revisión nunha unidade
móbil que facilitará as inspeccións no paseo marítimo do municipio, no
Camiño Real da Magdalena.
A primeira visita realizarase os días 4 e 7 de xaneiro, e poderase
reservar horario no teléfono 881920977. A unidade móbil regresará a
Cedeira nos meses de abril e setembro.
Link: VONLine
|
|