Concello de Cedeira - Aula de Informática
Fecha Miércoles, 05 diciembre a las 19:52:04
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira informou do traslado da Aula de Informática, ubicada ata a data no Palacete Municipal, á Biblioteca Municipal López Cortón. Deste modo, suma a estas instalacións once equipos informáticos que virán a satisfacer as necesidades e demanda dos usuarios do centro de lectura. O concelleiro de Cultura, Luis Rubido, explicou que ata a data a Biblioteca dispoñía de seis ordeadores con conexión a Internet e que estes resultaban escasos para dar servizo ao elevado número de usuarios.

Por outra parte, a decisión tamén permitirá ampliar os horarios de uso, adaptándoos aos da Biblioteca (de luns a venres mañá e tarde e sábados pola mañá). Para acceder ao servizo, o usuario debe rexistrarse realizando un simple trámite: cumplimentar un formulario rexistrando os seus datos personais como nome e apelidos ou DNI. Nese momento, recibirán unha contrasinal persoal coa que utilizar os equipos informáticos, conectarse a Internet ou disfrutar de zona wifi. Se o abonado é menor de 16 anos, terá que contar coa autorización expresa e por escrito do seu pai, nai o titor legal para contar coas máximas garantías. A Biblioteca Municipal ten un horario de apertura de luns a venres de 8 a 14 horas e de tarde de 17 a 20 horas. O sábado, de 10 a 13 horas.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2025