Concello de Cedeira - ITV Móbil
Fecha Miércoles, 05 diciembre a las 19:50:17
Tema PHP-Nuke


A partires do próximo ano, os veciños e veciñas de Cedeira xa non terán que desprazarse ata Ferrol para realizar as revisións periódicas dos seus vehículos na ITV. E é que o Concello solicitaba á institución a posibilidade de que desplazase unha unidade móbil para facilitar as inspeccións na propia vila. Unha medida que esta semana confirmou o organismo ao departamento municipal de Servizos. Deste modo, a ITV mobilizará unha das súas unidades en tres datas concretas do calendario: os meses de xaneiro, abril e setembro.


Esa unidade móbil ubicaráse no Camiño Real da Magdalena, frente aos restaurantes de A Revolta e O Areal. Un espazo de fácil acceso e gran mobilidade ubicado en pleno paseo marítimo da vila. Os vehículos que poderán beneficiarse da medida serán tanto os lixeiros como cuadriciclos. Isto é, turismos, quads e coches que non precisan carnet para a súa conducción. Precisamente, a medida será especialmente ventaxosa para estes últimos. Por último, o Concello explica que nas próximas semanas informará do trámite a realizar para solicitar cita para este novo servizo na localidade.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2024