A voltas có "Sempre Máis"
Fecha Viernes, 30 noviembre a las 17:41:06
Tema PHP-Nuke


                                        A voltas có  "Sempre Máis"
 
A día de hoxe ( Día de Santos , ou de Defuntos ) segue a chegar máis chapapote á Praia da Magdalena de Cedeira.
Onte, día 31, a cantidade que había era suficiente para que os responsables ( sexa Confraría ou Concello) tomaran as medidas oportunas para solucionar o problema, pero hoxe día 1 de Novembro a cantidade era tal, que superaría no dobre á do día anterior.
Alí  atopei a un ex-mariñeiro e armador, comentamos o feito e a opinión de él ( non dou o seu nome por non estar autorizado), foi que o chapapote que alí había era aínda do Prestige, e que estaba depositado no fondo da Ría e se soltaba cada vez que había mar de fondo.
Esta foi unha das opinións que eu dín no primeiro artigo-denuncia, que xa fixen e saíra no Olláparo na data 21 de Outubro.
Penso que tanto a Confraría como o Concello non se enteran de nada ou non lles interesa, e por iso non me vai quedar outra que poñer unha denuncia nos organismos pertinentes, que serán as Consellerías de Pesca e Marisqueo e á de Medio Ambiente.
Dende o meu punto de vista, o primeiro que hai que facer é comprobar con mergulladores, a cantidade que hai e logo sacalo cos medios necesarios.
Supoño que a famosa "Reserva Mariña" que tanto nos venderon como futuro da pesca en Cedeira, xa estará afectada como tamén as zonas de marisqueo.
Por suposto como sempre, aporto fotografías que confirman o que digo
 
                                                        Cedeira, 1 De Novembro 2012
                                      
                                                                          Gelo do Moure



Link: GdoM - Ollaparo (+ info )






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2020