Castelo da Concepción
Fecha Domingo, 12 abril a las 19:07:05
Tema PHP-Nuke


O Concello abre o castelo ao público todos os días durante os meses de verán e os fins de semana o resto do ano.


© 2009 - Diario de Ferrol

O castelo da Concepción é unha construción defensiva do século XVII, que se localiza no municipio de Cedeira e que alberga, a día de hoxe, unha exposición permanente, que foi visitada por 5.500 persoas ao longo de 2008.

O Concello cedeirense, á marxe de velar primeiro pola rehabilitación da forteleza e posteriormente por dotala de identidade propia, agora tamén se preocupa de abrila regularmente ao público para que as persoas que o desexen poidan achegarse á historia da vila a través aqueles restos que falan dun pasado con historia. Algunha ten que ver con ocupacións ilexítimas por parte de pobos invasores como os corsarios e outras evidencian a fortaleza espiritual e combativa dun pobo que non se dobregou nin ante o asedio ao que foi sometido por parte dos franceses, cando o século XIX non fixera máis nada que arrincar, no ano 1809. Varios canóns dos 15 que chegou a ter, almenas grosas e almenadas e unha boa distribución de paneis en estancias antes utilizadas por unha guarnición formada por máis de 30 homes, son algunhas das posibilidades que xa souberon ver as 50 persoas que de media diaria recibe a fortaleza nos meses de verán. Durante as outras estacións, o castelo só se pode visitar os fins de semana. Unha persoa contratada polo Concello serve de guía aos turistas que acceden á fortaleza a través das rúas Mariña Española e Mariñeiro, desde o mesmo centro urbano da vila mariñeira.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=202