RÍO ABAIXO
Fecha Viernes, 30 noviembre a las 17:40:03
Tema Colaboradores


                          RIO ABAIXO

Este artigo-denuncia vai ir acompañado da poesía “Río Arriba”, que lembra os tempos da miña infancia, cando o noso Río estaba vivo e limpo, cheo de cangrexos, anguias, sollas e robalizas etc,etc…
Naquela infancia, o tempo que nos sobraba despois de ir á escola, pasábamolo xogando no Río Condomiñas, fose verán ou inverno e estivese chea ou non a marea.
O artigo tamén vai acompañado dunhas fotos en onde se amosa a contaminación que ten o Río, e que vai parar á Ría (de ahí ven o título do artigo).
Estas fotos están relacionadas entre sí e co Medio Ambiente. A 1ª foto é do Río desembocando na Ría, tirada dende a Ponte Nova ou da Porcada (chamada así pola súa falla de estética).
A 2ª foto foi feita perto da 1ª, é o desaugue das “pluviais” (á carón das escaleiras), que botan no Río cando lle parece, un líquido azul e branco (coma os cores da bandeira Galega, será por iso?).
A 3ª foi feita a máis de 100 metros da 1ª, tirando á esquerda, amosan ás famosas “jalletas de chapapote”, producto típico Cedeirés “últimamente”.
As seguintes fotos foron feitas “río abaixo” en linea recta, son os restos dos fogos acuáticos botados nas Festas da Patrona, consisten en tubos dunhes 50 cm de largo, e 10 cm de diámetro (aproximadamente), feitos de ¿cartón?, en onde na parte baixa leva metido unha peza de cemento, para que os tubos queden de pé e poidan estoupar os productos (¿químicos?) piroténicos que levan dentro.
Todos estes tubos quedaron depositados na zona de marisqueo do berberecho, enfrente do edificio da Confraría, e ahí estiveron perto de 2 meses, ata que a marea os foi desfacendo, enterrando ou levando para dentro da Ría, ¿veríanos os responsables da Confraría?.
Non sei o impacto medioambiental que terán os verquidos,o chapapote e os tubos na nosa Ría, xa non quero pensar o que poden influir na nosa saúde, pois estamos a contaminar o que comemos e en onde nos bañamos parte do ano.
¿Señores e señoras responsables do Concello e da Confraría de Cedeira, cando pensan poñer remedio a este insulto ó pobo?, ou están á espera de que a Nosa Señora do Mar, Patrona e Protectora de Cedeira, que tanto lles quere ós mariñeiros (así lles vai), solucione este problema.
Ánimo Cedeira,que “Río  Abaixo” remase millor, e hai que facer menos esforzo.

                                                 Gelo do Moure


Link: G.doM.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2019