Sen perdón - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 12 noviembre a las 14:25:30 Tema PHP-Nuke
Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.
" Catro anos de xestión da crise deixan en todo o país cerca de 400.000
deshaucios efectuados e 250.000 a piques de executarse. Dramas dos que
coñecemos os datos e temos na retina e na moral colectiva as formas, os
modos, os principios e os fins polos que se desenvolveron esas accións:
puro lucro económico. Tamén temos presentes ás familias, ás persoas de
toda índole e condición que padecen e sufren en carne propia esa
violencia, humillación e dor profunda.
Mentres todo isto acontece, algúns bancos salvados con diñeiro
público, como si nada fose con eles, seguen contendo o fluxo de crédito e
agasallando con viaxes de placer ós empregados que cumpren 25 anos ó
seu servizo. Contra algún partido político que se acorda agora dos
seus erros e outro que non acelerou solucións a unha lei hipotecaria
case do século XIX, a cidadanía xa confesou que non hai perdón. "
© 2012 Diego R. Piñón - Diario de Ferrol
Link: DFONLine
|
|