O Samaín - De Xosé Antonio Suárez Aneiros
Fecha Viernes, 02 noviembre a las 18:01:40
Tema Colaboradores


Con cariño a Rafael López Loureiro, alumno, compañeiro e amigo.

O Samaín.
(Recitado)
Novembro escuro; froallo.
Mes de Santos e Defuntos.
Polas rúas de Cedeira
camiñamos  todos xuntos.

(Cantigando)
Xa veñen, xa veñen vindo
as cabazas e os melóns;
xa veñen os calacús
pola estrada de Ferrol.
Van saíndo dos terreos
berrando e aturuxando.
-“Non teñas medo, Fermín,
que van para o Samaín”.
Noite escura de avisións,
pasarrúas das pantasmas.
-“Non teñas medo, rapaza,
e trae a túa cabaza”.
Os nenos e non tan nenos
prepáranse para tallalas (pra)
no obradoiro da praza,
ateigadiña de zonchos
e de castañas asadas.
As caliveras ughando*,
polo Cristo, pola Rúa,
Fernando Lago e a Pixana,
vanse abeirar á cabana.





Polas rúas de Cedeira
xa non se ve unha alma;
van todas, todas, todiñas,
na procesión das pantasmas.


-Que hai na praza?-
-¡Papel de estraza!.
-Cada un que se retire
para a súa casa.




(Cedeira, xaneiro do ano 2008).
Xosé Antonio Suárez Aneiros.




Link: Antón






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2009