Concello de Cedeira - Parroquia de Esteiro
Fecha Sábado, 20 octubre a las 09:05:02
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira dotará á parroquia de Esteiro dun área recreativa. O novo equipamento situarase nunha parcela municipal lindeira á igrexa de San Fiz, con vistas á ensenada de Esteiro, de importante valor ambiental. A actuación, que conta cun orzamento de 52.000 euros, será cofinanciada pola Xunta de Galicia e a administración local que esta semana recibía a confirmación da concesión dunha axuda da Axencia Galega de De-senvolvemento Rural (Agader) por valor de 44.000 euros -o 85% da obra-.



A zona susceptible de actuación conta cunha chaira para o aparcadoiro de vehículos e unha pista polideportiva pavimentada con rega asfáltico en avanzado estado de deterioración. As obras previstas, contemplan a urbanización da parte próxima á estrada e á igrexa, habilitando así novas prazas de estacionamento.
Ademais acondicionarase a pista polideportiva e procederase ao peche das tres cuartas partes do perímetro cunha malla plastificada. A actuación inclúe a creación dunha senda peonil delimitada cun valo para acceder ao merendero proxectado, que contará con mesas, papeleiras e unha fonte accesible. Finalmente habilitarase un miradoiro no que se instalará diverso mobiliario urbano, como bancos e un panel informativo sobre a ensenada.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1998