Onda de roubos na Vila
Fecha Martes, 16 octubre a las 12:44:29
Tema PHP-Nuke


Unha onda de roubos está espertando preocupación entre a veciñanza de Cedeira, xa que, unha noite tras outra, os ladróns asaltan negocios, vivendas particulares e ata servizos públicos.
O último feito delituoso rexistrouse na madrugada de onte en nunha tenda de deportes. Os amigos do alleo romperon cun ladrillo o cristal de seguridade da porta traseira, revolveron o interior da tenda e apropiáronse de ao redor de 50 euros en moedas que había na caixa rexistradora, segundo a información facilitada polos donos do establecemento.

A semana pasada os ladróns tamén accederon pola forza ao interior dun mesón, do que levaron o diñeiro da caixa rexistradora e a máquina comecartos, tabaco e lotería.
A Policía Local de Cedeira e a Garda Civil investigan, así mesmo, numerosos roubos cometidos en vivendas das parroquias da zona rural, nas que os ladróns aprópianse de maquinaria, ferramentas e apeiros de labranza que os seus donos adoitan ter gardados en adegas ou galpóns.
En canto aos servizos públicos, o Concello de Cedeira informou fai algunhas datas de cinco roubos de cableado eléctrico ocorridos no pasado mes de setembro. Os feitos que están sendo investigados pola forzas de seguridade afectaron á iluminación pública do lugar de Saa, na parroquia de Esteiro; Santallamar, ao remate do paseo marítimo; Pontigas, na parroquia de Régoa; Eirado e Piñeiro.
Estes cinco roubos obrigaron ao Concello a repor 550 metros de cable eléctrico, co consecuente gasto para as arcas municipais.
Os responsables do goberno local solicitan a colaboración dos veciños no sentido de que se alerte á Policía Local de calquera actitude que faga sospeitar de que se está producindo un feito delituoso.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1996