Conselleira de Traballo e Benestar
Fecha Martes, 09 octubre a las 22:16:46
Tema PHP-Nuke


A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou esta tarde en Cedeira unha Guía de boas prácticas no marisqueo a pé, que ten como obxectivo impulsar prácticas saudables no día a día dos profesionais do sector. O novo manual recolle os resultados dun estudo de saúde laboral que elaborou o departamento que dirixe Mato a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), e Mar Seguro de Galicia, e contou coa participación de máis de 1100 profesionais do sector, entre eles, 22 mariscadoras e 12 redeiras de Cedeira.


© 2012 - La Voz de Galicia


O estudo describe as causas das principais enfermidades relacionadas co traballo deste colectivo de forma que lles resulte fácil o asesoramento nas medidas de prevención. O documento reflexa que os riscos máis comúns entre as mariscadoras a pé son os derivados da adopción de posturas forzadas; a realización de movementos repetitivos; a manipulación e arrastre de cargas; ou a sobreexposición a axentes físicos como humidade, sol ou temperaturas extremas.





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1986