RUBIDO SEGUE FORA DE XOGO
Fecha Lunes, 08 octubre a las 20:34:12
Tema PHP-Nuke


O GOBERNO DO PP NIN SE ENTERA NIN SE PREOCUPA POLA CREACIÓN DE EMPREGO

O Goberno Socialista de Cedeira deixou comprometidos tres proxectos empresariais para o Polígono da Trabe: unha Planta de Biomasa (AGDS), unha Planta de Fabricación de Catéteres (Ortegal Laboratory) e unha Fabrica de Altavoces (GARCSA).
Acusábanos  entonces o PP de vender fume pero o tempo pon a cada quen no seu lugar, ós socialistas como impulsores da creación de industrias e emprego en Cedeira e ó PP incapaz de xerar un só emprego en máis de 30 anos de goberno.
Pero nos queremos o mellor para Cedeira, goberne que goberne, e queremos que os proxectos industrias que iniciamos melloren cada día, por iso celebramos que neste ano a Planta de  Biomasa dia un salto e se decida a instalar unha fabrica de Pellet (madeira prensada e granulada para queimar en caldeiras), có que duplicará a súa capacidade produtiva e o emprego.

Precisamente por isto, preocúpanos a errónea e irresponsable política do Goberno dos Rubido que renunciou a unha subvención do Ministerio de Industria para a construción dun Viveiro de Empresas (unha nave modular para instalar pequenas empresas e autónomos a custos reducidos).

Esta renuncia supón devolver miles de euros que deberían estar a día de hoxe investidos.
A razón que deron foi que o Concello tiña que poñer unha parte.
Claro que si, e para isto merecía a pena, e non para gastalo en dietas por reunións de 5 minutos.
A incompetencia, a falla de intres e de traballo na procura de novos proxectos por parte do Goberno Local e clamorosa e queda patente en dous feitos: fronte a cero proxectos novos para Cedeira (a Fabrica de Pellets é unha ampliación do mesmo proxecto da biomasa) sete proxectos novos nas Somozas; e queda patente e publicado no Diario de Ferrol do sábado 29 de setembro. Na páxina 21 fala a empresa de Biomasa do seu proxecto e na páxina 19 falan os irmáns Rubido do mesmo, lédeas e veredes que non se enteran.
Nin sequera saben a que se dedica a Planta.
Patético

Link: Agrupación Socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1984