Concello de Cedeira - € € €
Fecha Jueves, 27 septiembre a las 13:25:05
Tema PHP-Nuke


A corporación municipal de Cedeira rexeitou onte en pleno renunciar ás indemnizacións dos concelleiros por asistencia a sesións plenarias, comisións e Xuntas de Goberno, proposta polo PSOE. "O traballo de concelleiro non se limita á asistencia a estas reunións e hai que recordar que só cobra un concelleiro e non ten dedicación exclusiva. Sorpréndenos esta proposta cando o custo final do tripartito PSOE, BNG e TEGA foi superior", sinalou o portavoz municipal Luís Rubido.

O grupo socialista vai solicitar do Concello unha copia do audio gravado pola secretaría ante o que consideran "unha ameaza" proferida pola concelleira Almudena Molina quen, referíndose ao portavoz socialista, José Luís Vergara, sinalou "a todo porco chégalle o seu San Martiño". O PSOE insta á edil a que retire as súas palabras e ao PP a que a "desautorice". Os populares "lamentan a interpretación de mal gusto" realizada por Vergara e indican que se trata dunha frase feita en relación á súa condición de político.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1980