Concello de Cedeira - Escola de Música
Fecha Sábado, 22 septiembre a las 21:27:09
Tema PHP-Nuke


A Asociación Cultural Prol Cedeira, que durante os últimos tres anos fíxose cargo da xestión de Escola Municipal de Música da vila, critica a formas nas que a Concellaría de Cultura, en mans de Luís Rubido, levou os trámites de concesión do servizo adxudicado este ano á Asociación Robaleira e á banda Vila de Cedeira.
Aseguran haberse decatado pola prensa de que este curso xa non ían facerse cargo do servizo e demandan maior organización por parte da administración local.

"Agora mesmo estamos ocupando o antigo escolar de Piñeiros e descoñecemos a data na que temos que desaloxalo. Imos seguir desenvolvendo a nosa actividade e tampouco sabemos se o Concello vainos a ceder algún local", indicaba onte o presidente da entidade, Tomás Pantín. "Non nos imos a meter na decisión adoptada, que podería ser discutible, senón no xeito na que o fixeron", dixo.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1975