Centro de Estudos Financeiros - Concello de Cedeira
Fecha Viernes, 21 septiembre a las 19:14:19
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira e unha empresa madrileña atópanse «en conversacións» para a posta en marcha dun centro de estudos financeiros que se situaría no casco antigo da vila.

Segundo informou esta mañá o edil de Desenvolvemento Local, Luís Rubido, trátase dun proxecto de iniciativa privada que impartiría accións formativas de curta duración para «grupos reducidos e especializado no mundo das finanzas». O centro situaríase na rúa Real, concretamente en dous inmobles adquiridos pola firma promotora para a súa «rehabilitación integral».

O Concello mostrouse favorable á creación do centro que, segundo Rubido, «suporía un revulsivo para zona vella». O responsable de Desenvolvemento Local avanzou que a empresa xa presentou o proxecto a Costa Noroeste para optar ás liñas de axuda que mantén aberta a entidade.

Link: VONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1973