PROMOCIÓN - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 17 septiembre a las 15:14:47
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.

" Hai contemplada partida económica nos orzamentos deste ano 2012 para axudas escolares? Repetín por dúas veces a cuestión ante a sección de intervención e tesourería do concello de Cedeira.
Non, foi a mesma resposta en ambos casos.
Mentres noutras localidades veciñas de moi variada cor política inician a finais de cada verán as convocatorias para dar apoio económico á escolarización dos menores das familias con menos recursos, en Cedeira repítese curso tras curso a mesma historia. Nin un so euro para tal fin, goberne quen goberne.
Cabría preguntar tamén ¿por falta de cartos? Non, pois sempre houbo partidas superfluas noutras áreas e incluso subvencións a entidades foráneas. Simplemente a promoción da igualdade de oportunidades, para que as familias con rendas máis baixas adquiran material didáctico/educativo, nunca foi unha prioridade para os respectivos gobernos municipais."

© 2012 - Diego R. Piñón - Diario de Ferrol


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1970