TARDANZAS IRRESPONSABLES - Grupo Socialista de Cedeira
Fecha Jueves, 13 septiembre a las 13:28:16
Tema PHP-Nuke


TARDANZAS IRRESPONSABLES

O Grupo Socialista do Concello de Cedeira quere trasladarlle á opinión pública o seu disgusto pola lentitude coa que avanzan algunhas das obras que quedaron proxectadas e orzamentadas polo grupo de goberno que presidimos.

Fai quince meses que o PP ocupa a alcaldía e aínda agora se inician as obras de saneamento en distintos lugares do rural e do casco urbano. Trátase do alcantarillado do Vilar, da Laboreña, Cordobelas, Pereiro, Carreiro, da estación depuradora de Trasmonte e das pluviais e fecais do campo de futbol.

Efectivamente, o custo total elévase a 167.000 € procedentes da baixa no saneamento integral do núcleo de San Román financiada pola Deputación da Coruña mediante o Plan de Cooperación cos Concellos 2007/2011. Todas estas obras quedaron proxectadas e perfectamente orzamentadas polo noso equipo de goberno.

Si non é a desidia ou vagancia, que todo pode ser, solo se xustifica esta tardanza polo interés en adxudicarse ante a veciñanza unhas obras polas que nada fixeron.
Máis grave nos parecen aquelas outras obras, algunhas delas de gran envergadura, que habéndoas deixado rematadas moito antes do cambio de goberno, como as do saneamento integral de San Román, o saneamento da Corredoira e O Carreiro, están durmindo o sono dos xustos.

Simplemente hai que poñelas a andar e quedarían hixienizadas todas estas zonas que nalgúns casos resulta realmente clamoroso. So podemos interpretar estas tardanzas sucesivas nun interés miope por arrogarse intervencións que non lles pertenecen.

A xente sabe moi ben o que fixemos uns e o que vaguean outros.

JOSÉ LUIS VERGARA REY
PORTAVOZ MUNICIPAL DO GRUPO SOCIALISTA DE CEDEIRA

Link: Grupo Socialista do Concello de Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1968