"COGE EL DINERO Y CORRE"
Fecha Jueves, 06 septiembre a las 19:28:54
Tema PHP-Nuke


O DESCARO DO PP

O pasado dia 14 de agosto reuneuse a Xunta de Goberno Local

Asistiron todos os seus membros, Leopoldo Rubido, Luis Rubido, Pablo Luis Nebril López, Juan Carlos Romero Beceiro e o primeiro tenente alcalde, Alfredo Vilela Santalla.

Iníciase a sesión ás 13:54 e remata ás 14:05, total, 11 minutos de duración.

O custo de cada sesión é de 196 € por cabeza, salvo no caso de Vilela Santalla que como se levanta 28.000 €, xa non ten dereito, aínda que a éste o dereito impórtalle un bledo. En fin, o que a cidadanía ten que pagarlles sitúase en 784 €, máis de 130.000 das antiguas pesetas.

Ata aquí, nada extrano nas Xuntas de Goberno do Partido Popular.

O que nos acabou de chamar a atención foi o que na reunión se tratou: un único punto na orde do día, “aprobación de facturas de telefónica España S.A.U.” e, finalmente o valor da mesma, 124,62 €.

É dicir, consumen casi 800 € para pagar 120. Todo un exemplo de austeridade.

No próximo Pleno, esixirémoslles que renuncien a esta dieta e de paso que baixen estas “indemnizacións” e todas as demais a 20 €, como esixe o momento de crise que estamos atravesando.

De feito buscamos na seguinte acta da Xunta de Goberno Local, algunha resolución no sentido de renunciar a estes cartos tan mal gañados.

Miramos na acta do dia 22 de agosto e a nosa sorpresa foi aínda maior. Durou 10 minutos.

Cedeira pagoulles a cada un dos catro “pobriños” a razón de 19,6 € por minuto. Todo un exemplo para a cidadanía.
Por certo, cando o Sr. Rubido comunica á prensa que non cobra nada por ser alcalde, hai que dicirlle que non di verdade.

Gracias a que non se pon un salario, pode cobrar dietas e indemnizacións sen problema.

Así, ao mesmo tempo que cobra a súa xubilación, nada baixa por certo, cobra por cada Xunta de Goberno máis de 30.000 pts, que debemos multiplicar por 4, dado que cada semana celebran unha, ainda que sexa de 10 minutos como os exemplos que acabamos de citar.
Mentras tanto, súbenos a auga, o lixo, a contribución, todo.

O ancho para eles e o estreito para nós, como reza a lei do embudo.
JOSÉ LUIS VERGARA REY
PORTAVOZ MUNICIPAL
DO GRUPO SOCIALISTA


Link: Grupo Socialista de Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1965