PSdeG-PSOE
Fecha Sábado, 01 septiembre a las 21:05:17
Tema PHP-Nuke


O secretario xeral do PSDEG, Pachi Vázquez, foi ratificado polo Comité Nacional do seu partido candidato á Presidencia da Xunta por "aclamación", algo ao que se opuxo publicamente o exalcalde de Cedeira (A Coruña) José Luís Vergara, que reclamou que queda constancia do seu "voto en contra" a este procedemento.

A alcaldesa de Silleda (Pontevedra), Paula Fernández Pena, exercendo como presidenta da mesa do máximo órgano do PSDEG entre congresos, aproveitou a ovación que os asistentes dedicaron a Vázquez tras a súa intervención para pedir que fose "aclamado" e evitar así unha votación.

A única voz que se mostrou en contra deste proceso foi a de Vergara, a pesar de que entre os asistentes estaba tamén Anxo Burgos, o militante da Coruña que tratou de forzar as primarias e de presentarse como alternativa a Pachi Vázquez unha vez consumado o adianto electoral.

O do Carballiño dedicou a súa intervención ante o Comité Nacional a chamar á "unidade" dentro do partido e a realizar as súas primeiras promesas electorais. Retirar o decreto do galego no ensino, anular os concertos cos colexios que segregan por sexo, subir impostos á banca e retirar o copago farmacéutico aos pensionistas serán as medidas que poña en marcha "nos 100 primeiros días" se sae elixido presidente.

Link: EPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1963