O patrón maior en Bruxelas - Olláparo
Fecha Jueves, 30 agosto a las 21:05:13 Tema PHP-Nuke
O Patrón Maior de Cedeira, Agustín Pérez Pernas fai parte da delegación do BNG liderada pola eurodeputada Ana Miranda e o deputado Bieito Lobeira cos representantes dos sectores pesqueiro e marisqueiro que se reune hoxe en Bruxelas con Maria Damanaki,
Comisaria Europea de Pesca, coa fin de defender a pescar artesanal
galega. A Federación Galega de Confrarías, o Consello Regulador do
Mexillón de Galicia, Asoar-Armega, CIG-Mar, a Asociación de Pesca
Artesanal de Laxe, mexilloeiros de Cabo de Cruz, a Federación Galega de
Redeiras, mariscadores a pé de Barallobre, a Cooperativa de Pesca
Artesanal Cíes e as confrarías de Sada, Barallobre, A Coruña, Malpica,
Redondela, Camelle e Cedeira, forman parte do sector representado.
© 2012 -Olláparo Imaxe en maior formato: preme aquí
O relevo desta iniciativa é fundamental xa que a Reforma da Política Pesqueira Común
(PPC) será debatido na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a
mediados de outubro e cómpre propor emendas que defendan os intereses
galegos, como acrescentar e límite máximo da proposta inicial da PPC
que propuña 12 metros de eslora e deixaba fóra unha grande parte das
embaracións artesanais galegas. Coa proposta de 15 metros da
eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a opcionalidade de marés de 36
horas de duración, a flota galega ficaría inserida.
Con esta iniciativa do BNG en Bruxelas visibilízase o chamado do Patrón Maior de Cedeira a prol da autoregulación do sector logo de que perdera case 4000 afiliados nos últimos anos.
Resulta canto menos inaudito que o
goberno de Feijoó ande enleado en cumprir os mandados electorais de
Rajoy no canto de liderar a xestión dos recursos estratéxicos do país
diante da Unión Europea, un ben público que cómpre conservar perante os
intentos de privatización a través da cota de pesca transferibles.
Link: Olláparo
|
|