Concello de Cedeira - Obras
Fecha Jueves, 30 agosto a las 20:55:04
Tema PHP-Nuke


As obras de mellora na rede de saneamento de varias zonas do municipio de Cedeira estarán completadas antes de que finalice o ano. Así o comunicou esta mañá a Administración local, que acomete os traballos financiados pola Deputación provincial. Cun orzamento total de 167.097 euros, e un prazo de execución de tres meses, procederase á construción de novas conexións e ampliación das xa existentes, con novos colectores e pozos de rexistro. Actuarase nos lugares de Vilar, Leboreña, Cordobelas, Cervo, Trasmonte e Pereiro. Ademais, construirase unha rede de drenaxe na contorna da pista multiuso situada nas inmediacións do campo municipal de fútbol.

+ Info : preme aquí


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1960