Club Natación CEDEIRA - Disolución
Fecha Miércoles, 08 abril a las 13:48:14
Tema PHP-Nuke


Finalmente cmpríronse os peores prognósticos para o Natación Cedeira-Mobles García. A entidade, que en só dous anos logrou alcanzar a Primeira División galega da competición por clubs, anunciaba onte oficialmente a súa disolución e, por tanto, retirada das citas autonómicas e nacionais. Os motivos argumentados pasan, principalmente, pola saída do club de varios dos seus mellores nadadores, forzados á súa vez polo peche da piscina da vila. Así, a entidade tentara manter o seu ritmo de adestramentos e preparación de competicións alternando tempos "prestados" nas instalacións de Ortigueira ou na piscina de Caranza, pero os desprazamentos son complicados, especialmente para os seus deportistas máis novos. A decisión adoptada finalmente é a de retirarse por tanto da competición e disolver a entidade.

Desde o club quíxose agradecer o traballo realizado polos sucesivos corpos técnicos, que lograron levar o equipo até a Primeira División, pero tamén para todas aquelas persoas que lles apoiaron e prestado axuda nesta última tempada tan complicada para o Natación Cedeira.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=196