Impiden a consulta de expedientes
Fecha Jueves, 09 agosto a las 13:36:00 Tema PHP-Nuke
O exalcalde de cedeira, o socialista José Luís Vergara, asegura que
estudará interpor accións legais no xulgado contra o concello cedeirense
por supostas "irregularidades" que cre que poden estar ocorrendo na
administración local ademais de por "atentar contra o dereito
fundamental", sinala Vergara, por non permitirlle acceder a dous dos
seis expedientes dos que solicitou permiso.
Segundo explica o exregidor, o feito produciuse onte pola mañá. Vergara
asegura que tiña autorización do alcalde popular, Leopoldo Rubido, para
consultar catro expedientes municipais. " Tiña permiso a partir das once
da mañá, e como non me deixaron fotocopiar ningún documento, tiven que
transcribir o importante. Pero ás 13:00 horas aseguráronme que nunha
hora tíñame que ir e volver pedir autorización", explica Vergara.
Por iso, acudiu cun notario para levantar un acta oficial do ocorrido,
que asegura entregará no xulgado cun dossier para presentar unha "
demanda xudicial contra o Concello", asegura Vergara.
Ademá, o exregidor cre que un dos expedientes que non lle deixaron
consultar, unha resolución da Axencia de Protección da Legadidad
Urbanística sobre unha obra do tenente alcalde, Alfredo Vilela, pode
ditar unha orde de demolición.
"No municipio hai unha sensación de que o grupo de goberno é impune a
todo, por iso imos pedir tamén a dimisión do tenente alcalde se é certo o
ditame da axencia ".
Link: VONLine
|
|