Concello de Cedeira - Mercadillo
Fecha Martes, 07 agosto a las 19:43:48
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira anunciou a súa intención de recolocar o mercadillo que se realiza cada sábado na zona da ponte vella, no espazo da área de descanso da Alameda. Esta medida, tomada en común acordo con algúns comerciantes da zona, terá efecto a partir do sábado día 8 de setembro.

Esta iniciativa traerá consigo novidades no funcionamento do mercadillo. Entre elas atópase a concesión do chan por un período de tempo concreto, tras abonar a taxa correspondente e tras solicitar a inscrición no Rexistro Municipal. Do mesmo xeito, os postos de venda ambulantes terán que facerse cargo da limpeza do espazo que ocupen. Con todo, esta última medida sería transitoria, xa que o consistorio local prevé aprobar unha ordenanza que regule a venda ambulante no municipio.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1957