BAREMO - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 06 agosto a las 08:44:53
Tema PHP-Nuke



Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol

" No concello de Cedeira os autodenominados gobernos de “progreso” tiveron dúas oportunidades –dúas etapas, dúas lexislaturas, oito anos– para demostrar que querían rematar con prácticas escuras, arbitrarias e pouco democráticas. Unha delas era a relativa á concesión de subvencións nominativas ás asociacións e entidades socioculturais e deportivas.
Puideron establecer un baremo amparado pola Lei de subvencións de Galicia baseado nos principios de publicidade, transparencia, igualdade de trato, concorrencia e non discriminación, e dotado de criterios obxectivos cuantificables –base social, capacidade de financiación, actividades realizadas, persoas beneficiadas, exclusividade das accións e outros– para a súa puntuación. No seu paroxismo por tocar poder non o fixeron e incluso agora segue sendo parte da sociedade civil a que reivindica luz e taquígrafos e as mesmas oportunidades para todos no reparto."

© 2012 Diego R. Piñón - Diario de Ferrol


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1955