Subvencións do Concello : " proceso escuro e caciquil"
Fecha Domingo, 29 julio a las 21:03:11
Tema PHP-Nuke


A ANPA Picapeixe, do CEIP Nicolás do Río, e a Asociación Cultural de Discapacitados "Sobre Rodas" presentarán este luns sendas alegacións ao orzamento municipal do Concello de Cedeira en referencia á repartición de subvencións a asociacións socioculturais e deportivas.
Da asignación total de 55.000 euros, Picapeixe recibiu 400 euros, "sen que se estableza motivación concreta e cuantificable non criterio de repartición", segundo alegan. Peor sorte correu a asociación "Sobre Rodas", á que non se lle concedeu ningunha cantidade, "a pesar de cumprir cos criterios establecidos", uns criterios que se recollen nos anexos, pero que, denuncian, non foron esixidos documentalmente a ningunha das asociacións.


Ambas as organizacións demandan a existencia dun baremo público e xusto que propicie a repartición igualitaria de devanditas subvencións, ao considerar que vulneran varias normativas oficiais, entre elas a lei de subvencións de Galicia do 2007, que establece a necesidade de coñecer os obxectivos de cada concesión. Entenden que isto atenta contra os principios básicos de "publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación" recollidos nela.
Ademais, esixen a eliminación das subvencións nominativas por fomentar un "proceso escuro e caciquil" e avogan pola publicación dunhas bases que posibiliten a "libre concorrencia como procedimento ordinario de concesión". Máis aínda cando varias destas subvencións foron concedidas a "entidades de fóra de Cedeira que non están rexistradas como tal".
Este é o segundo ano que a ANPA Picapeixe presenta unha alegación por este motivo e asegura que seguirá facéndoo en anos vindeiros mentres non se cumpra cunha repartición xusta.



© 2012 Concello de Cedeira

Dcto Listado de subvencións ( formato PDF ): preme aquí


Link: DFONLine . Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1953