Luz verde a sesenta licenzas urbanísticas durante o último mes
Fecha Jueves, 12 julio a las 21:14:16
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira deu luz verde a sesenta licenzas urbanísticas durante o último mes. O concelleiro de Urbanismo, Luís Rubido, explicou que un dos obxectivos do goberno municipal é axilizar a tramitación dos expedientes para acabar coas dilacións que viñan producindo nos últimos anos. Entre as licenzas autorizadas recentemente atópanse solicitudes do 2008. Aínda así, o goberno local sinala que redobrará os seus esforzos para pór ao día as licenzas.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1951