Pleno extraordinario - Centro de Saúde
Fecha Miércoles, 20 junio a las 09:34:42
Tema PHP-Nuke


Os catro concelleiros do grupo do PSDEG-PSOE de Cedeira presentaron onte no Concello a solicitude dun pleno extraordinario para debater e someter a votación a decisión de levar a cabo a construción do centro de saúde da localidade para o que o Estado consignou 2,5 millóns de euros, no marco dun convenio entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta.
A decisión adoptouna a comisión executiva socialista o pasado domingo. "A localización é o de menos, o importante é a vontade de facelo porque non só vai traer unha mellora e ampliación de servizos, senón tamén postos de traballo á vila", indicou o portavoz do PSOE, José Luís Vergara.


Pola súa banda, Esquerda Unida rexistrou unha iniciativa para o seu debate no próximo pleno para que a Igrexa tribute polo IBI das súas propiedades no municipio, "o que achegará un novo recurso económico ao concello", din.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1947