COMUNICADO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CEDEIRA
Fecha Viernes, 15 junio a las 18:42:48
Tema PHP-Nuke


O pasado Luns, 11 de xuño publicase no Boletín Oficial do Estado, o convenio entre o MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE e a XUNTA DE GALICIA para la ejecución, seguimiento y evaluación de las acciones incluidas en los planes de zona de sus zonas rurales, levado a cabo o 7 de maio dos correntes.

Un dos apartados afecta ao noso Concello, dando un paso máis, esperemos que definitivo, na construcción dun centro de saúde por valor de 2.445.000 € que, serán aportados ao 50% por Madrid, canalizando Fondos Europeos, e outro 50% polo SERGAS, é dicir, pola Xunta de Galicia.

Desta maneira concrétanse os orzamentos do 2010 no que xa se incorporaba o noso centro de saúde.

Alegrámonos que unha lei e un programa socialistas, elaborados polo ministerio que dirixeu Rosa Aguilar, servise de “percha” na que colgar esta xusta reivindicación cedeiresa.

Para os socialistas é un motivo de orgullo que tanto dede o local como desde o estatal se disen pasos certos gracias aos cales a Xunta de Galicia e o Concello de Cedeira poden facer realidade este novo centro de saúde.

Foi a Lei 45 para el Desarrollo Sostenible del Medio Rural, do ano 2007 e logo , en xuño do 2010, co primeiro Programa de Desarrollo Rural Sostenible, para o periodo 2010-2014, publicado por el RD 752 / 2010 quenes o fixeron posible.

Foi un goberno socialista quen decideu dar un enfoque diferente a estes fondos europeos para atender aos territorios e ás poboacións, comprometéndose cos homes e mulleres do rural, aportando recursos para que as súas condicions de vida: económicas, sociales, de servicios y medioambientales, se equiparen coas do mundo urbano.

Non é este momento para falar de atrasos históricos como o que agora poderemos resolver.

Agora toca pedirlle ao alcalde que confirme que neste ano vanse iniciar as obras e comprobe que a Xunta consigne a porcentaxe correspondente de finanzamento para poder cumplir os compromisos con Cedeira, frenados ata agora por Feijóo. A nosa obriga é vixiar este cumprimento.

En Cedeira, a 13 de xuño de 2012.

Link: AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CEDEIRA





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1944