Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 07 junio a las 08:53:54
Tema PHP-Nuke


Aprobación inicial modificacion ordenanzas fiscales

ANUNCIO

Adoptándose polo Concello Pleno, en sesión celebrada o 29 de maio de 2012, o acordo de aprobación provisional, que se elevará a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública, dos expedientes de modificación da Ordenanza reguladora do prezo público dos usuarios do servizo de axuda no fogar, e de aprobación do prezo público de actividades deportivas e culturais do concello de Cedeira e de conformidade co disposto no artigo 49º da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, sométense os devanditos expedientes a información pública e audiencia aos interesados durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderán examinalos nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Cedeira, 30 de maio de 2012
O Alcalde,
Leopoldo Rubido Ramonde

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1941