Día da Bicicleta
Fecha Miércoles, 06 junio a las 09:06:53
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira, en colaboración co Club Ciclista "Punta Candieira", recupera este ano o Día da Bicicleta. A cita terá lugar o domingo 17 de xuño e consistirá nun paseo polas rúas da vila no que a competición será o menos importante. Trátase, en definitiva, de gozar deste medio de transporte respectuoso co Medio Ambiente e do conxunto da localidade.



A Concellaría de Deportes, promotora da iniciativa, organizou un percorrido adaptado a todas as idades e que durará ao redor dunha hora. Os participantes tomarán a saída da praza Roxa ao redor das 11.30 horas. De forma previa, e tal e como informan desde o propio consistorio, procederase á inscrición dos asistentes. Todos aqueles que tomen parte no percorrido, poderán optar a un sorteo de obsequios que o Concello levará a cabo na mesma praza á chegada da ruta ciclista á que animan a participar aos veciños.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1940