Obras con cargo ao PEIM
Fecha Miércoles, 08 abril a las 11:45:25
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira está a acometer unha serie de obras con cargo ao Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM), que puxo en marcha a Consellería do Medio Rural no ano 2006 e que deixou 160.000 euros no concello cedeirés.
 Así, desde a administración local estanse a executar agora unha serie de melloras en pistas rurais do termo municipal, uns traballos que, segundo apuntou o concelleiro de Medio Rural, Manuel Pérez, “axudarán a adecentar numerosas pistas no rural cedeirés”.Os traballos consisten, na súa maioría, no asfaltado de camiños e viais con zahorra.

Na parroquia de Régoa repararase con zahorra o vial que vai de Tida ás Barrosas, e o camiño de Formigueiro a Birriño de Arriba. Nesta mesma parroquia asfaltarase a vía de Casanova a Herbellós.En Piñeiros asfaltaranse dous camiños en Diamantel e Casa Grande. A actuación más ambiciosa é a que se fará en San Román, aquí cubriranse con zahorra tres viais, de Casal de María a Pena da Guía, de Candales a Pena da Guía e outro vial que enlaza as anteriores estradas.

Todos estes traballos acometeranse cos devantidos fondos de Medio Rural. Asemade, o edil de Medio Rural tamén salientou a importancia que teñen outros traballos que se acometerán no rural como o recheo con zahorra nos viais que van de Malde ás Barrosas e Agro de Regua ás Barrosas, dos que se ocupa o Distrito Forestal.Casco histórico> Estas intervencións, xunto coas previstas no casco histórico da vila cedeiresa que se acometerán con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local, axudarán a que a vila vexa moi melloradas as súas potencialidades.

En canto aos traballos na zona vella cedeiresa, baseánse na separación de pluviais e mellora do saneamento, unhas melloras que irán dende a ponte vella ata a entrada do porto. En canto aos traballos de saneamento, xa foron adxudicados a empresa Aquagest, que en breve comezará a traballar. Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=194